Branca Vilela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaBranca Vilela
Biografía
Nacemento6 de agosto de 1964 Editar o valor em Wikidata (59 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

AELG: 295

Branca Vilela Fernández, nada na Coruña o 6 de agosto de 1964, é unha poeta galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Realizou estudos de Xestión Empresarial. Foi armadora dunha empresa francesa e outra española. Despois foi empresaria de restauración e agora traballa na organización de congresos e recitais.

Escritora dende moi nova, gañou algúns premios literarios. O seu primeiro poemario Anclas varadas en la memoria (en castelán) apareceu en 2004. Co poemario A faciana das augas (2005) participou nun estudo da Universidade de Dakota do Norte e recibiu a mención de honra ao mellor poemario escrito en lingua romance o que a levou a facer unha xira por diferentes estados dos Estados Unidos. En 2008 foi finalista do II Premio Internacional Rubén Darío co libro Préstame tu voz. Premio Escriduende o conxunto da súa obra (2016).

É membro da Asociación de Escritores en Lingua Galega, socia fundadora do Pen Club España e pertence a comisión de mulleres escritoras do Pen Club Internacional. Foi codirectora das Xornadas Literarias: Fisterra Patrimonio Cultural Europeo, I Encontro Cabana de Bergantiños, I Encontro e organizadora do I Recital Poético Solidario.

Obra en galego[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

  • A faciana das augas, 2005, Toxosoutos.
  • Déixame a túa voz, 2008. Edición bilingüe galego-castelán. Editorial Sial
  • A forza do poema, 2012, Lastura.
  • No silencio dos lapis, 2017, Pigmalión Edypro.
  • Costa da Morte, Territorio Literario (Antoloxía), 2017, Pigmalión Edypro.
  • Adeus espido do mar, 2019, Trifolium.
  • Pesadelo da creación, 2022, Medulia.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Erato bajo la piel del deseo, 2010, Sial Ediciones. Edición bilingüe galego-castelán.
  • 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico).
  • La voz y la escritura. Sial.
  • Guia viva de heterodoxos. Sial.
  • La primera vez que perdí el alma, encontré el sexo. Sial.

Obra en castelán[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Anclas varadas en la memoria, 2004, Sial.
  • Me diste la tierra, 2013. Sial Pygmalion.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]